Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segundo día do Papa no Uruguai: convida aos fieis a ser construtores de pontes

Segundo día do Papa no Uruguai: convida aos fieis a ser construtores de pontes

Oficia a primeira misa a ceo aberto da súa xira latinoamericana

directo
G24.gal 07/11/2026 20:15

Ás 9:30 hora local, o Papa realizaba a súa segunda parada nesta viaxe por Latinomérica, a cidade uruguaia de Paysandú. 

Foi este o lugar escollido para celebrar a súa primeira misa a ceo aberto da xira por América Latina. Congregou unhas corenta mil persoas, expectantes ante a presenza do pontífice. Esta era a primeira vez que un papa visitaba a cidade, unha das más poboadas do interior do país. 

Na súa homilia León Catorce convidou os fieis a ser construtores de pontes de unión, fraternidade e caridade e para iso empregou algúns símbolos característicos da rexión, como o mate.

"O mate é signo de familiaridade, de amizade, de encontro. Ensinanos a compartir, a estar xuntos", dixo.

Mañá será o último día do Papa no Uruguai. Viaxará logo á Arxentina, onde pasará catro días para finalizar a súa xira no Perú, parada especial para León Catorce.

Aquí pasou 20 anos vivindo, primeiro como misioneiro e logo como bispo de Chiclayo, unha etapa que deixou unha pegada profunda no pontífice que considera este país a súa segunda patria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade