A incerteza no mercado da vivenda retrae aos propietarios do alugueiro
A indemnización do caseiro ao inquilino rondaría unha media de 15.500 euros
Atopar un piso de alugueiro é case misión imposible.
"Vai a peor. Hai que poñer un freo porque si non váisenos das mans", di unha moza.
"Agora vese tan protexido o inquilino en contra do propietario que o vexo inxusto", asegura unha muller.
Unha realidade que constatan a diario nas axencias inmobiliarias de Galicia.
"Houbo unha parálise xeral porque hai moita incerteza. O que máis preocupa é o tema de devolucións e de que se renove automáticamente o contrato", di o Presidente da Asociación Galega de Inmobiliarias, Emilio García Pigueiras.
Un momento de inseguridade xurídica, din, ante as medidas que contempla o decreto de vivenda que aínda debe ser convalidado. Entre elas, a indemnización do caseiro ao inquilino en caso de non renovar o alugueiro, que se calcula nunha media de 15.500 euros.
"Causa moito rechazo e é complicado. Estamos falando de que ao mellor é toda unha duración dun contrato de alugueiro. É a devolución de toda unha conta de alugueiro e non ten sentido ningún. Eso de que se autorenove o contrato é unha expropiación blanqueada", afirma o Presidente da Asociación Galega de Inmobiliarias
Desde o sector din que en Galicia non hai un problema de ocupación de vivendas. Pero si de impagamentos. E hai empresas que xa están notando un aumento das consultas por parte dos propietarios.
"Sobre todo persoas que non saben como resolver o seu probema. Notamos un aumento das consultas en Galicia nun 70%", calcula Francisco Fernández., xerentes de Desocupa 24h.
Os cálculos apuntan a un déficit próximo ás 800.000 vivendas no mercado.