Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta volve ao Bernabeu, que asaltou hai menos dun ano con goles de Swedberg

O Celta volve ao Bernabeu, que asaltou hai menos dun ano con goles de Swedberg

Os vigueses visitan un Real Madrid nun gran momento (21h)

G24.gal 21/11/2026 12:08

Hai algo menos dun ano, na última visita na liga do Celta ao Bernabeu, Swedberg entraba no descanso e con dous bonitos goles seus, o Celta marchaba coa vitoria de Madrid. 0-2. O segundo logo dun pase maxistral de Aspas. Esta noite aí volve o Celta.

Os celestes teñen as baixas de Borja, Starfelt e Román. E recuperan a Álvaro e a Jones. Enfronte, agarda un Real Madrid en crecemento. Con cinco vitorias seguidas na Liga e consciente do que é este Celta.

Ás nove desta noite, Real Madrid - Celta. Para pechar a semana na que a Marian Mouriño recibiu o recoñecemento dos empresarios de Galicia polo seu bo facer e na que tamén soubemos que a nova bancada de Tribuna acollerá a 14.200 afeccionados, 8000 máis que agora; distribuidos en tres aneis. E cun custe de 86 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade