Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril adiántase nas Gaunas pero non é capaz de aguantar a vantaxe (2-1)

O Fabril adiántase nas Gaunas pero non é capaz de aguantar a vantaxe (2-1)

O rioxano Martín Ochoa marcou de penalti pero os tantos de Santana e de Miguelete manteñen no máis alto á Unión Deportiva Logroñés

G24.gal 04/10/2026 13:51

O Fabril foi capaz de adiantarse nas Gaunas pero non soubo manter a vantaxe e acabou perdendo diante do equipo que comparte o liderado co Lugo despois de sumar 16 dos 18 puntos posibles. 

O equipo local entrou con moita forza no partido xerando ocasións nas botas de Marcos Baselga e Anai Morales. Pero foi o Fabril o que conseguiu adiantarse nunha xogada na que o colexiado asubiou penalti cometido sobre Álvaro Fraga. Era o minuto 29 e o Fabril non puido aguantar a vantaxe ao descanso logo do empate de Santana rematando unha xogada pola banda esquerda.

O segundo tempo resultou máis equilibrado. Ningún dos dous conseguía xerar perigo ata que no minuto 66 o adestrador local meteu no partido ao andaluz Miguelete. Avisou cun remate ao poste, despois aproveitou unha falta na frontal por suposta man de Teijo para anotar o segundo no 79 e puido ampliar a vantaxe no 82. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade