Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta retoma mañá a competición en Elxe tras a parada (14:00h)

O Celta retoma mañá a competición en Elxe tras a parada (14:00h)

Claudio, que amosou a previa o seu malestar polas dúas semanas sen Liga, recupera a Iago Aspas e Sebastián Cáceres

G24.gal 10/10/2026 13:48

Esta fin de semana volve a liga en primeira división. Ás dúas da tarde de mañá será a quenda do Celta, que visita o Elxe coa volta de Sebastián Cáceres e Iago Aspas á convocatoria.

No capítulo de ausencias están Starfelt, Antañón, Román e Jones El-Abdellaoui.

Todo, coa incógnita de saber como afecta o paro de tres semanas aos equipos, no que o Celta entrou xusto despois da primeira vitoria ligueira, a malleira sobre o Rácing en Balaídos. A Claudio Giráldez non lle convence esta fórmula: "Prefiro que sexa unha semana ou un mes enteiro, antes que dúas semanas. O seleccionador tería tempo de preparar ben, e de competir, e os adestradores dos clubs poderíamos facer unha mini pretemporada. Se non, que sexa so unha semana, para cargar pilas e volver competir", indicou na previa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade