O Obradoiro recibe mañá ao LLeida (12:00h, TVG e AGalega) á busca da segunda vitoria
O equipo santiagués suma un triunfo e unha derrota, a apañada a semana pasada na prórroga e con polémica contra o Real Madrid
No Obradoiro aínda pica o da xornada pasada. A arbitraxe ante o Madrid. Non había maís que ver a Raúl López desesperarse no palco. Como sería que ata tivo que ir o presidernte da Federación Galega a consolalo. Unha semana despois, a liga volve ao SAR, con fórmula aprendida: "Temos que centrarnos en poñer a mesma tenacidade, a mesma fortaleza mental que amosamos a semana pasada co Madrid e, así, as vitorias van chegar", aseguraba Childress.
O rival será Lleida. Equipo imprevisble, cheo de recursos. No que destaca o poderío de Batemon, de McGhee e que acredita a mellor porcentaxe de dous do campionato. Epi advirte: "Non sei onde poñer o nivel do Lleida, pero foron quen de derrotar a un equipo como Valencia"
Obradoiro-Lleida, cos galegos á procura da primeira vitoria na casa. Este domingo, a partires das doce, e en directo aquí, na Televisión de Galicia.