Cargando resultados...
O Pontevedra frea a súa xeira de vitorias en Barakaldo (0-0)
Os granates levaban dúas vitorias consecutivas
Partido táctico, de escasas ocasións
G24.gal
01/11/2026 14:19
O Pontevedra volve de Barakaldo cun empate sen goles que reflicte o que aconteceu no partido. Un encontro de escaso ritmo e menos ocasións, marcado pola orde defensiva. Os locais asumiron a iniciativa, pero o seu dominio resultó tan evidente na posesión como inofensivo.
O Pontevedra estivo ben organizado atrás, agazapado, á procura dun contragolpe para resolver. Que non se deu.
Os Rubén Domínguez alcanzan así os 15 puntos logo das dez primeiras xornadas. Uns números que lles permiten afrontar o campionato nunha posición cómoda, pero que os priva de meterse nos postos cabeceiros da clasificación.