Publicador de contidos

Publicador de contidos

Erik Quintela pon a calma dentro da euforia do breoganismo

Erik Quintela pon a calma dentro da euforia do breoganismo

"Estamos moi ilusionados co que temos por diante pero só estamos enfocados no partido do Xirona", asegura o capitán

Boas novas para Luis Casimiro, a escordadura de Tevin Brown quedou nun susto

G24.gal 09/10/2026 13:24

O capitán do Río Breogán Erik Quintela atendeu á Televisión de Galicia. Quixo poñerlle calma á euforia do breoganismo despois de que o equipo empezara con dúas vitorias na ACB. Buscarán a terceira este sábado ás 21:00 horas diante do Xirona de Moncho Fernández. 

"Estamos moi ilusionados co que temos por diante pero sabemos que gañar dous partidos non é nada. Soñamos con gañarlle ao Xirona, máis aló non miramos", asegura o xogador, que se mantén desde a etapa de Primeira FEB. 

Son todo boas novas para un Breogán que temía o peor despois dun golpe sufrido por un dos seus referentes en ataque, Tevin Brown, pero non hai lesión grave de nocello e xa se adestrou cos compañeiros na sesión do venres. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade