Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol remóntalle ao Araski na Malata e suma o primeiro triunfo (82-77)

O Baxi Ferrol remóntalle ao Araski na Malata e suma o primeiro triunfo (82-77)

Nesta xornada inaugural, o ferrolán foi o único equipo galego que sumou unha vitoria

Foto: @UniFerrol
G24.gal 04/10/2026 20:14

Comezou a Liga Feminina Endesa coa única vitoria galega do Baxi Ferrol. Venceu ó Araski.

Tras un encontro igualado, o equipo ferrolán parecía perder o control na recta final. A tres minutos do remate o Baxi quedaba 8 puntos abaixo. Pero unha tripla de Doogan, máxima anotadora do partido con 19 puntos, volvía facer pensar que a vitoria era posible. 

Melia puxo o Baxi por diante a 32 segundos co 78-77. E, na última acción, o Araski puido empatar. Julieta Mungo, ex do Baxi, errou o lanzamento e a vitoria quedou en Ferrol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade