O Celta, na procura da redención en Europa: "Vimos cunha ilusión tremenda"
Mañá os vigueses debutan en Europa League ante o Omonia de Nicosia
Borja Iglesias, Aleix Febas e Jones El-Abdellaoui chegan "xustiños"
Volven as noites europeas para o Celta de Vigo, que debuta mañá en Nicosia, Chipre, ante o Omonia. Nova competición, novas ilusións para o equipo de Claudio Giráldez, que non está tendo o mellor comezo de campaña na competición ligueira e busca agora comezar de cero nun novo escenario.
Chipre é o primeiro paso e adestrador e xogadores viven esta nova oportunidade cunha "ilusión tremenda". Ven moitas simellanzas coa temporada pasada, na que ao Celta lle custou gañar o primeiro partido e incluso comezou perdendo na Europa League. Precisamente con ese paralelismo Giráldez asegurou estar "tranquilo co xogo do equipo".
25 xogadores viaxaron a Nicosia, pero non todos poderán entrar na convocatoria final. Giráldez admite que Borja Iglesias, Aleix Febas e Jones El-Abdellaoui non están ao 100%, "chegan xustiños", pero adestraron co equipo antes de viaxar e poderían ter minutos ante o Omonia.