Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mario Soriano: "En todos os partidos tivemos a opción de puntuar"

Mario Soriano: "En todos os partidos tivemos a opción de puntuar"

Soriano fixo balance do arranque de tempada do Deportivo, que chegou á parada ligueira con 10 puntos de 21 posibles

Foto Deportivo
G24.gal 23/09/2026 15:59 Última actualización 23/09/2026 16:18

O atacante branquiazul considera positivo o inicio do conxunto de Antonio Hidalgo e destaca, sobre todo, a capacidade do equipo para manterse dentro dos partidos e ter opcións de sumar.

"A valoración é positiva porque conseguimos moitos puntos ata o de agora. Oxalá que todo siga deste xeito e poidamos seguir sumando puntos. Esperabamos arrincar do mellor xeito posible e así foi", manifestou este mércores

O futbolista madrileño puxo o foco nunha das características que está a mostrar o Deportivo no seu regreso a Primeira División: a súa capacidade para agarrarse aos encontros mesmo cando o resultado se pon en contra.

"Tivemos eses partidos que parecía que perdiamos, pero sempre estivemos metidos e coa opción de puntuar".

Mario Soriano tamén se referiu ao seu futuro no Deportivo. O futbolista ten contrato ata xuño de 2028 e aclarou que actualmente os seus axentes non están a negociar cos dirixentes do club unha ampliación da súa vinculación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar