Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberadas 25 mulleres que eran obrigadas a prostituírse en Eivisa

Liberadas 25 mulleres que eran obrigadas a prostituírse en Eivisa

As vítimas, captadas en contornas especialmente vulnerables de países estranxeiros, chegaban enganadas con ofertas laborais falsas para negocios de hostalaría ou manicura

Comunicábanlles que contraeran unha débeda de aproximadamente 5.000 euros que debían saldar mediante a prestacion de servizos sexuais

G24.gal 10/10/2026 12:11

A Garda Civil liberou as 25 mulleres e desarticulou unha organización criminal asentada na illa de Eivisa dedicada á trata de seres humanos con fins de explotación sexual. Na operación, os axentes da Policía Xudicial da área de delitos contra as persoas da Garda Civil das Baleares, detiveron catro persoas como presuntas autoras de prostitución coactiva, tráfico de drogas e branqueo de capitais.

Os integrantes da organización criminal ofrecíanlles oportunidades laborais falsas relacionadas con negocios de hostalaría ou manicura a mulleres principalmente venezolanas, de entre 18 e 25 anos, procedentes de contornas especialmente vulnerables. Conseguían que viaxasen a España, recollíanas no aeroporto e retirábanlles parte das súas pertenzas e o diñeiro en efectivo que recibiran en orixe. Despois trasladábanas a inmobles vinculados á organización e comunicábanlles que contraeran unha débeda de aproximadamente 5.000 euros que debían saldar mediante a prestación de servizos sexuais.

A organización aproveitaba a súa situación administrativa irregular para infundirlles temor e dificultar que acudisen aos servizos sanitarios, policiais ou aos recursos asistenciais. Os axentes constataron mecanismos de vixilancia directa e sistemas de videovixilancia destinados a controlar os seus movementos.

Despois de meses de investigación, a Garda Civil desenvolveu un dispositivo con rexistros en domicilios vinculados á organización en distintos puntos de Eivisa. Ademais das catro detencións e da liberación das 25 mulleres, os axentes incautáronse de preto de 120.000 euros en efectivo, presuntamente procedentes da explotación sexual, diferentes substancias estupefacientes, numerosos dispositivos electrónicos e material relacionado coa vixilancia e organización da actividade criminal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade