Publicador de contidos

Publicador de contidos

Crime organizado e retos en América Latina na derradeira xornada do Foro La Toja

Crime organizado e retos en América Latina na derradeira xornada do Foro La Toja

Analizouse tamén a autonomía e a dependencia nas relacións estratéxicas e a resistencia silenciosa en Bielorrusia

Alberto Núñez Feijóo pechou este espazo internacional de diálogo cun relatorio antes das conclusións

Un momento do debate sobre os retos en América Latina
G24.gal 03/10/2026 08:35 Última actualización 03/10/2026 15:23

O Foro La Toja botou a andar na súa derradeira xornada cunha mesa redonda sobre os retos institucionais e políticos en América Latina. Neste primeiro debate participaron o secretario xeral Iberoamericano, Andrés Allamand, e o presidente da CEOE, Antonio Garamendi.

O líder da patronal reclamou máis seguridade xurídica para as empresas españolas na rexión, que considera un socio estratéxico.

A continuación, abriuse un coloquio sobre o crime organizado que, segundo reza no título deste encontro, converteuse hoxe en día "nunha praga en expansión".

Para falar deste asunto compartiron espazo Óscar Naranjo, exvicepresidente de Colombia e ex director xeral da Policía Nacional, Juan Manuel Vega, vicepresidente e membro do consello executivo de AMLA, e Ana Villagomez, fiscal delegada antidroga da fiscalía provincial de Cádiz-Ceuta.

Borrell á súa chegada ao foro. EFE/Brais Lorenzo Borrell á súa chegada ao foro. EFE/Brais Lorenzo

Tamén este sábado se debateu a autonomía e a dependencia nas relacións estratéxicas, da man de Javier Colomina, representante especial da OTAN para a veciñanza sur, e Carlos Díaz, presidente e director de políticas públicas da Casa Branca entre 2017 e 2021.

Pola súa banda, Josep Borrell, alto representante da UE para asuntos exteriores e política de seguridade de 2019 a 2024, analizou xunto a Sviatlana Tsikhanouskaya, líder da Oposición Democrática de Bielorrusia, a "resistencia silenciosa" neste país.

Garamendi atende a prensa este venres na Toxa. EFE/Brais Lorenzo Garamendi atende a prensa este venres na Toxa. EFE/Brais Lorenzo

Peche e clausura

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, pechou cun relatorio este espazo internacional de diálogo, que se desenvolveu na illa da Toxa dende o xoves.

Un día despois de que o Congreso tombase os dous decretos da vivenda aprobados no Consello de Ministros, o líder da Oposición pediulle ao presidente do Goberno que convoque xa as eleccións.

Para rematar, o presidente do comité organizador, Carlos López Blanco, expuxo as conclusións do encontro que reuniu no Grove durante tres días líderes políticos, institucionais, empresariais e académicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade