Cargando resultados...
A Numax de Santiago de Compostela foi distinguida co Premio Librería Cultural 2026
NUMAX, 'Premio Librería Cultural 2026' da CEGAL co apoio do Ministerio de Cultura
NUMAX resultou a libraría gañadora entre 39 establecementos de toda España
Apostan pola bibliodiversidade de autores, o apoio a editoriais independentes e a pluralidade temática
O premio tamén recoñece a economía social e a súa aposta pola lingua e a cultura galega
G24.gal
20/11/2026 10:05
A Numax de Santiago de Compostela está de parabéns. Hai uns días foi distinguida co Premio Librería Cultural 2026, concedido pola CEGAL, a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Librarías, e co apoio do Ministerio de Cultura. Hoxe entramos alí, nese pequeno espazo, un deses lugares comprometidos coa cultura, a biblio-diversidade e a lingua galega.