Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio diante dun taller de Tui calcina sete coches

Un incendio diante dun taller de Tui calcina sete coches

O incendio ocorreu de madrugada e non houbo feridos

Todos os vehículos afectados estaban no exterior das instalacións
G24.gal 19/06/2025 16:59

Un incendio diante dun taller afectou de madrugada a sete vehículos en Tui (Pontevedra).

O lume detectouse contra as 04:30 horas, momento en que un particular informou a Emerxencias de que un coche ardía diante dun taller situado no lugar de Torre, en Guillarei.

Pouco despois, outras persoas, incluída a dona do taller, confirmaron que non había feridos e que todos os vehículos afectados estaban no exterior das instalacións.

Pasadas as 05:00 horas, os equipos de intervención deron por controlada a situación. O incendio destruíu por completo seis coches e afectou parcialmente a outro.

No interior do taller arderon papeis e algún reposto situado preto da entrada, e tamén resultou danada a fachada. No operativo participaron os Bombeiros do Porriño, o GES e o Servizo de Emerxencias de Mos, a Garda Civil, os voluntarios de Protección Civil de Tui e persoal do distrito forestal da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade