Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos catro integrantes dun grupo criminal que roubaba animais en Lugo

Detidos catro integrantes dun grupo criminal que roubaba animais en Lugo

A banda dedicábase ao roubo e venda dos animais que conseguían

Actuaban sobre todo en Lugo, aínda que tamén roubaban ás veces en Ourense

Os animais xa están sendo devoltos aos seus propietarios

Europa Press/Garda Civil Europa Press/Garda Civil
G24.gal 06/06/2025 13:38

A Garda Civil detivo os catro supostos integrantes dun grupo criminal dedicado ao roubo e furto de animais en explotacións gandeiras en Lugo. Segundo a Comandancia de Lugo, os detidos teñen idades comprendidas entre os 25 e os 53 anos e residían en Láncara e Carballedo. 

A investigación comezou logo que na provincia se dese un grande aumento deste tipo de delitos. Logo das pescudas feitas polas autoridades, procedeuse á detención destes catro sospeitosos.

As conclusións indicaban que un se encargaba de localizar as explotacións en que ían roubar e outro ocupábase da loxística do grupo e facilitaba vivenda e vehículos para o transporte dos animais roubados. Os demais eran os encargados de acceder aos recintos para levar os animais.

Os animais, logo do seu roubo, eran despoxados do crotal de identificación para a súa posterior venda. Mentres non eran comprados, mantíñanos nunha leira anexa á vivenda do encargado da loxística.

Esta banda, sustentada só polos roubos, pois ningún tiña traballo remunerado salvo un, actuaba principalmente na provincia de Lugo, aínda que tiñan algún roubo puntual en Ourense.

A maior parte dos animais roubados xa foron recuperados pola Garda Civil e devoltos aos seus lexítimos donos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade