Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro mortos, entre eles un policía, durante unha persecución en Málaga

Catro mortos, entre eles un policía, durante unha persecución en Málaga

As vítimas son tres presuntos atracadores e un subinspector de policía

O axente, que non participaba no operativo, regresaba á casa tras rematar a súa quenda de noite

A persecución produciuse de madrugada tras un roubo perpetrado nunha farmacia 

Área de Seguridade do Concello de Malaga
G24.gal 05/06/2025 09:04

Catro persoas, unha delas axente da Policía Nacional, faleceron nunha persecución que se iniciou na zona noroeste da cidade de Málaga tras o roubo nunha farmacia.

O axente falecido, subinspector de 48 anos, con dous fillos, regresaba á casa tras saír de traballar na quenda de noite, cando o seu turismo colidiu contra un vehículo que circulaba en dirección contraria e no que viaxaban os tres presuntos atracadores. Tanto o axente de policía coma os tres supostos asaltantes faleceron no accidente. 

No momento do sinistro, estes fuxían do dispositivo policial posto en marcha tras o roubo perpetrado nunha farmacia da cidade. Na fuxida, incorporáronse á A-7 en sentido contrario.

Como consecuencia do accidente, foi preciso pechar o carril dereito da AP-7 á altura do quilómetro 226, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Ata o lugar desprazáronse dotacións de bombeiros dos parques de Churriana, Carretera de Cádiz e Central (Martiricos), que procederon a excarcerar os tres ocupantes dun dos vehículos, segundo informa a área de Seguridade do Concello de Málaga nas súas redes sociais.

O condutor do outro vehículo, que empezou a arder, foi rescatado por axentes da Policía Local de Málaga, aínda que finalmente tamén faleceu, segundo as mesmas fontes. Tamén interviñeron efectivos de Garda Civil, Policía Nacional e os servizos sanitarios do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade