Detidas 12 persoas en 15 días por roubos con forza en establecementos da Coruña
Os obxectivos dos ladróns eran edificios en obras e establecementos comerciais de restauración e lecer

A Policía Nacional realizou durante a última quincena de maio, 12 detencións por un total de sete roubos con forza cometidos na cidade da Coruña
Segundo se explica no comunicado, os roubos foron realizados por diversos autores en diferentes zonas da cidade, producíanse maioritariamente en horario nocturno. Os obxectivos eran dende edificios en obras, nos que roubaban utensilios ou maquinaria, ata establecementos comerciais de restauración e lecer, nos que o obxecto de roubo era o diñeiro das caixas ou algún dispositivo electrónico.
Algúns dos autores foron detidos na allada ou ben nas inmediacións, aos poucos minutos da comisión dos roubos. En gran parte deles foi determinante a colaboración cidadá; as chamadas ao 091 de veciños ou viandantes, unidas á rápida actuación policial, propiciaron a detención inmediata dos autores.
Ademais, destacan a rapidez das intervencións policiais, que permitiron frustrar os roubos con forza e recuperar os obxectos subtraídos para devolvérllelos aos seus lexítimos donos.