Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinte detidos por pornografía infantil en 12 países, sete deles en España

Vinte detidos por pornografía infantil en 12 países, sete deles en España

Tres na provincia de Barcelona e o resto en Valladolid, Sevilla, Murcia e Xaén

En España levouse a cabo un operativo de maneira simultánea ao sospeitarse que os investigados mantiñan contacto entre eles

Policía Nacional/INTERPOL Policía Nacional/INTERPOL
G24.gal 06/06/2025 09:59

Vinte persoas foron detidas nunha operación internacional liderada pola Policía Nacional española contra a pornografía infantil en 12 países, sete delas en España, en concreto tres na provincia de Barcelona e o resto nas de Valladolid, Sevilla, Murcia e Xaén.

As outras detencións tiveron lugar en Honduras, Costa Rica, O Salvador, A Arxentina, Paraguai, Brasil, Bolivia, os Estados Unidos, Italia, Portugal e Bulgaria, e remitiuse información doutros 68 sospeitosos a 28 países de Europa, América, Asia e Oceanía, informou este venres a Dirección Xeral da Policía.

A investigación iniciouse cando mediante técnicas de ciberpatrullaxe os axentes españois detectaron varios grupos de mensaxería instantánea dedicados exclusivamente ao tráfico de imaxes de explotación sexual infantil e unha vez que identificaron aos implicados emitiron alertas aos países afectados a través de Interpol e Europol.

En España levouse a cabo un operativo de maneira simultánea, ao sospeitarse que os investigados mantiñan contacto entre eles.

Os investigadores pescudaron que un detido na localidade barcelonesa do Masnou descargaba a aplicación cando quería consumir o contido ilícito e posteriormente a desinstalaba para evitar que a súa familia descubrise as súas actividades.

Outro arrestado na provincia de Barcelona tiña trato con menores debido á súa profesión como sanitario e no rexistro no seu domicilio descubriuse que ademais de consumir o contido ilícito pagaba a menores do leste de Europa para obter imaxes sexuais delas.

O arrestado na provincia de Sevilla tiña tamén trato habitual con menores pola súa profesión como docente e dispoñía de imaxes de explotación sexual infantil e acceso a unha gran cantidade de chats de diferentes plataformas dedicadas ao intercambio de pornografía infantil.

Aos arrestados que polas súas profesións mantiñan contacto habitual con menores no ámbito da docencia e a sanidade prohibíuselles exercer o seu traballo habitual.

Nos rexistros levados a cabo os axentes interviñeron tres ordenadores de sobremesa e outros tantos portátiles, 21 teléfonos móbiles, dúas tabletas, 20 memorias USB, tres tarxetas de memoria, un disco duro, dous CD, sete DVD, un proxector e unha videoconsola. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade