Publicador de contidos

Publicador de contidos

Julio Iglesias compra e reforma a antiga casa do exalcalde de Ourense Manuel Cabezas

Julio Iglesias compra e reforma a antiga casa do exalcalde de Ourense Manuel Cabezas

Trátase dunha casa de grandes dimensións rodeada por varias hectáreas de terreo con piscina e mesmo un lago artificial en Piñor

A nova colleu por sorpresa os veciños
G24.gal 06/06/2025 18:22

Protexida pola vexetación e un muro de pedra érguese a casa que Julio Iglesias acaba de mercar en Piñor. Foi o movemento de coches e obreiros o que alertou os veciños de que algo acontecía con esta propiedade, que ata agora pertencía ao exalcalde de Ourense Manuel Cabezas.

Unha casa de grandes dimensións rodeada por varias hectáreas de terreo con piscina e mesmo un lago artificial. Construída xusto en fronte da casa familiar dos Cabezas.

A nova colleu por sorpresa os veciños. Por agora a vida transcorre sen grandes cambios ao redor da propiedade, aínda que algúns non perden a esperanza de poder velo pola zona.

No que si concordan é que pode ser un revulsivo para a zona. Unha compra que reforza os lazos do cantante con Galicia, de onde era o seu pai, que naceu no concello ourensán da Peroxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade