Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Vigo desvelados polo misterioso canto dun moucho de orellas

Os veciños de Vigo desvelados polo misterioso canto dun moucho de orellas

Trátase dunha ave rapaz pouco habitual en Galicia e aínda menos frecuente no centro dunha cidade coma Vigo

O canto sitúase na Finca Matías, situada entre a travesía de Vigo e a rúa Aragón
G24.gal 06/06/2025 16:51

Os veciños da Travesía de Vigo levan semanas desvelados por un estraño ruído que lles interrompía o sono noite tras noite. Alertados polo incómodo asubío, moitos decidiron chamar á policía e mesmo abrir unha investigación municipal para dar co responsable.

O ruído, que parecía unha alarma ou o aviso dunha máquina avariada, espertaba á veciñanza cada noite, xerando inquietude e preocupación. 

A sorpresa foi descubrir que non era un ruído, senón o canto dun moucho de orellas, unha ave rapaz pouco habitual en Galicia e aínda menos frecuente no centro dunha cidade coma Vigo. O canto sitúase na Finca Matías, un pequeno pulmón verde entre a travesía de Vigo e a rúa Aragón. 

Desde o Concello recomendan pechar as ventás á hora de durmir se o canto do moucho resulta molesto, mais tamén lembran que ter un moucho de orellas como veciño é un privilexio que lembra a riqueza natural que pode albergar a cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade