Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca "o bo momento" da investigación galega co "reforzo" do investimento

Rueda destaca "o bo momento" da investigación galega co "reforzo" do investimento

Nun vídeo en redes sociais, o presidente da Xunta asegura que Galicia está consolidánose en sectores estratéxicos como a biotecnoloxía,as enerxías verdes, a intelixencia artificial ou a supercomputación

G24.gal 07/12/2025 12:36 Última actualización 07/12/2025 13:36

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou nun vídeo difundido nas redes sociais, o "bo momento" que está a vivir a investigación galega grazas a un maior investimento neste eido e as medidas para reter e atraer talento, o que está a favorecer o recoñecemento da I+G+i a nivel internacional.

“En Galicia innovar non é un eslogan, é poñerlle nome a ciencia que xa está mellorando a saúde, a industria ou a tecnoloxía”, salientou. 

Rueda fixo fincapé en que Galicia está a consolidarse en sectores estratéxicos coma a biotecnoloxía, as enerxías verdes, a intelixencia artificial ou a supercomputación grazas a un “ecosistema de investigación único” no que traballan “as universidades, centros punteiros e as empresas” e que contan co apoio do Executivo autonómico.

Como exemplo desta aposta, Alfonso Rueda destaca que xa temos a liña cuántica máis longa de España ou que a nosa comunidade acollerá unha das seis fábricas de intelixencia artificial que se van facer en Europa.

O presidente salienta tamén a creación dunha fundación para atraer 30 investigadores de primeiro nivel a Galicia.

Nesta liña, Rueda asegurou que a investigación galega é bo exemplo da Galicia Calidade que identifica á comunidade en todo o mundo.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos