Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor bébedo estampa o coche e acaba dentro dun comercio en Lugo

Un condutor bébedo estampa o coche e acaba dentro dun comercio en Lugo

O home deu positivo na proba de alcoholemia que lle realizaron tras o accidente

G24.gal 06/06/2025 13:16 Última actualización 06/06/2025 13:30

Un condutor que deu positivo no control de alcoholemia realizou supostamente unha manobra inadecuada co seu vehículo, que acabou impactando “violentamente” contra a fachada dun edificio e, posteriormente, quedou encaixado no interior dun local comercial situado na planta baixa dese edificio.

Os feitos sucederon na madrugada deste venres, ás 00:25 horas, cando a Policía Local foi avisada polo 112 dun accidente de “notable gravidade” á altura do número 3 da rúa Xulia Minguillón, no barrio da Milagrosa, na zona norte da cidade.

A Policía Local informou de que o condutor do turismo perdeu o control “nunha manobra supostamente inadecuada”, polo que acabou batendo contra o edificio.

Tras ser identificado polos axentes, o condutor foi sometido a un control de alcoholemia, no que deu unha taxa positiva de 0,43 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

Xunto a el viaxaba unha muller, que tivo que recibir asistencia médica no mesmo lugar do accidente por parte dos servizos sanitarios do 061, aínda que non chegou a ser traslada ao hospital.

“Á vista da gravidade da manobra realizada e do resultado positivo no control de alcoholemia”, explica a Policía Local, iniciáronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, que serán remitidas á autoridade xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade