Cargando resultados...
Arde un coche no paseo marítimo da Coruña
Veciños do barrio de Labañou avisaron os bombeiros pasadas as 3 da mañá
O suceso non causou feridos

G24.gal
05/06/2025 10:49
Un vehículo ardeu esta pasada madrugada no paseo marítimo da Coruña. Foron os veciños do barrio de Labañou os que avisaron os bombeiros pasadas as 3 da mañá, alertados polo tamaño das lapas.
Os cinco efectivos desprazados non puideron evitar que o coche quedase totalmente calcinado. O suceso non causou feridos.
Por sorte tampouco había outros coches estacionados nas proximidades.