Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soben os prezos que pagan aos gandeiros de tenreira galega suprema

Soben os prezos que pagan aos gandeiros de tenreira galega suprema

Hai satisfacción no sector porque agora xa lles cobren os custos de produción

 

Os gandeiros de tenreira galega suprema páganlles unha media de case sete euros por quilo canal
G24.gal 03/06/2025 20:15 Última actualización 03/06/2025 20:57

O cartel que se pode ver no mercado gandeiro de Becerreá recolle a súa principal reivindicación; querían un prezo que cubrise os custos de produción. Arestora aos gandeiros de tenreira galega suprema páganlles unha media de case sete euros por quilo canal.

Explica Santiago Rego, da Asociación Gandeiros Galegos da Suprema que "nós sempre defendemos que as explotacións tiñan que ser viables pola vía do prezo"

Hai un ano os prezos se asemellaban aos de hai trinta anos, e moitas explotacións botaron o peche. Hoxe hai máis ánimo. É o manifesta o presidente dos gandeiros de suprema, "xa non hai a angustia e o temor por ter que pechar e agora a xente ten máis ganas de seguir traballando"

O factor diferenciador é a calidade da carne, que procede de animais que se alimentan de leite materno ata os sete meses e que sacrifican con dez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade