Cargando resultados...
Investigan un suposto intento de secuestro a unha menor en Maceda
A familia da nena denunciou que un home tratou de metela nunha furgoneta

G24.gal
06/06/2025 11:35
A familia dunha rapaza presentou unha denuncia no cuartel de Maceda logo de que a nena lles contase que un home tratou de metela no seu vehículo mentres esta se dirixía soa cara ao pavillón deportivo.
O suxeito conducía unha pickup negra, segundo a descrición da rapaza, que conseguiu zafarse e fuxir do lugar. O suceso non pasou desapercibido no concello ourensán, onde os veciños quedaron algo inquedos.
A Garda Civil xa está coas pescudas iniciais para tratar de aclarar o sucedido. Ante a preocupación dos cidadáns, dende o Goberno chaman á calma, pois aseguran de que este trátase dun feito illado e remarcan que as forzas de seguridade xa están facendo o seu traballo.