Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home acusado de causar polo menos 5 incendios en Santiago este verán

Detido un home acusado de causar polo menos 5 incendios en Santiago este verán

Nalgúns casos os incendios foron en caixas de correos exteriores dun edificio e contedores de residuos urbanos cuxos danos foron valorados en máis de 5.000 euros

Foto de arquivo/Eduardo Parra/Europa Press Foto de arquivo/Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 20/08/2025 15:14

Un dispositivo conxunto da Comisaría de Policía Nacional de Santiago de Compostela e da Policía Local da mesma cidade detivo ao presunto autor de polo menos 5 incendios, desde mediados do mes de xullo ata mediados de agosto.

Nas actuacións policiais enmarcadas no plan de prevención e investigación de incendios, interviñéronselle a este home, que durmía na vía pública, varios chisqueiros e mistos nunha bolsa.

Os investigadores apuntan que nalgúns casos os incendios foron en caixas de correos exteriores dun edificio e contedores de residuos urbanos na zona centro da cidade que resultaron inservibles, cuxos danos foron valorados en máis de 5.000 euros, así como en diversas zonas periurbanas de matogueira, limítrofes con naves comerciais.

Nalgúns dos incendios foi necesaria a intervención coordinada dos servizos de extinción de incendios de bombeiros e axentes forestais para evitar a súa propagación a edificios ou estruturas próximas.

Para sufocalos utilizaron motobombas forestais e vehículos ama de cría para abastecemento de auga e os lumes chegaron a afectar nalgún caso uns 1.200 metros cadrados de leiras. O detido pasou ao dispor do Xulgado de Garda de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar