Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moncho López renova co Ourense Baloncesto ata 2028

Moncho López renova co Ourense Baloncesto ata 2028

O técnico galego mostrouse “moi agradecido” pola confianza do COB

Foto COB Foto COB
G24.gal 22/08/2025 16:53 Última actualización 22/08/2025 16:56

Moncho López ampliou este venres dous anos máis, ata xuño de 2028, o seu contrato co Ourense Baloncesto (COB), ao que chegou no verán de 2024 procedente do Fukuoka Rizing xaponés.

“Esta renovación supón unha aposta pola continuidade e polo traballo a longo prazo, valores fundamentais para o noso club. Desde a súa chegada, Moncho conseguiu devolver a ilusión á afección, ademais de dotar ao equipo dunha identidade clara, baseada no compromiso, intensidade defensiva e o crecemento de mozos xogadores”, destacou o COB no seu comunicado.

Tras asinar o seu novo contrato, Moncho López mostrouse “moi agradecido” pola confianza do COB, co que por diante ten “un reto apaixonante” no curso 2025-26.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade