O Frigoríficos perde ao porteiro Haris Suljevic, que ficha polo Zagreb
O director deportivo do Frigoríficos e o técnico Quique Domínguez xa traballan na elección do substituto do internacional montenegrino

O RK Zagreb trasladou ao Frigoríficos do Morrazo a súa intención de abonar o importe da cláusula de rescisión do porteiro internacional montenegrino Haris Suljevic, despois de que o Magdeburgo alemán, vixente campión de Europa, fichase ao seu porteiro Matej Mandić para suplir a baixa do suízo Nikola Portner, sancionado por dopaxe. O
campión da liga croata, encadrado no mesmo grupo que o Barça na liga de Campións, tentou negociar co club español unha rebaixa do importe da súa cláusula pero atopouse coa negativa da entidade presidida por Alberto González.
“É un golpe duro para o club porque Suljevic era unha aposta segura, un porteiro de moitas garantías. Estabamos convencidos de que sería unha peza crave no equipo”, sinalou o director deportivo do Frigoríficos, Óscar Fernández.
O director deportivo do Frigoríficos e o técnico Quique Domínguez xa traballan na elección do substituto do internacional montenegrino. De momento, os canteiráns Mateo Pallas e Javi Fernández serán os que disputen mañá, sábado, o partido de preparación contra o Ademar León, o seu primeiro rival ligueiro