Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prata mundial para o cangués Pablo Graña e bronce para o K4 cos galegos Arévalo e Germade

Prata mundial para o cangués Pablo Graña e bronce para o K4 cos galegos Arévalo e Germade

O K4 500 español feminino conseguiu a medalla de ouro coa estremeña do Fluvial de Lugo Estefanía Fernández e as asturianas Lucía Val, do Rías Baixas-Náutico de Boiro, e Sara Ouzande

G24.gal 22/08/2025 15:33 Última actualización 22/08/2025 16:09

Pablo Graña logrou a medalla de prata no C1 200M. O de Cangas é o vixente campión de Europa do C1 200 metros, e este é o seu segundo mundial. O padexeiro do Morrazo estivo na final do Campionato estatal o pasado 2 de agosto en Verducido (Pontevedra), unha proba que era selectiva e na que o gañador obtiña a praza mundialista, mais unha desafortunada caída a escasos 10 metros de meta, cando lideraba a carreira con case un barco de vantaxe, privoulle do ouro e do billete a Milán.

O K4 500 español masculino, co betanceiro Carlos Arévalo, o cangués Rodrigo Germade, o madrileño Adrián del Río e o mallorquino Álex Graneri, terceiro na final do Campionato do Mundo. Portugal foi ouro e Hungría prata.

Pola súa banda o K4 500 español feminino, coa estremeña do Fluvial de Lugo Estefanía Fernández, as asturianas Lucía Val, do Rías Baixas-Náutico de Boiro e Sara Ouzande, e a valenciana Barbara Pardo, gañou a final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade