A galega Jessica Bouzas, á segunda rolda en Osaka
A vilagarciá enfrontarase en oitavos de final á romanesa Jaqueline Cristian

A española Jessica Bouzas, oitava cabeza de serie, clasificouse para a segunda rolda do torneo de tenis de Osaka (O Xapón) ao superar en dúas mangas a estadounidense Katie Volynets, xogadora procedente da previa.
Cuadraxésima da clasificación mundial, a galega despachou a californiana nunha hora e 22 minutos, por 6-2 e 6-4, nun partido en que o inicio de ambas as mangas foi clave porque lle concedeu a iniciativa a Bouzas.
A vilagarciá enfrontarase en oitavos de final á romanesa Jaqueline Cristian, vencedora tamén este martes da italiana Elisabetta Cocciaretto por 6-2 e 7-6 (4) e á que gañou no pasado torneo de Pequín.
Vamos, Jessica 😤💪
— Tenis España (@RFETenis) October 14, 2025
Bouzas arranca su participación en el #WTA 250 de Osaka 🇯🇵 con victoria por 6-2 6-4 frente a la estadounidense Katie Volynets
Bucsa busca esta mañana acompañarla en 2R jugando contra la belga Mertens
📸 WTA I #JapanOpen pic.twitter.com/wvJw138VyF