O Arenteiro destitúe a Jorge Cuesta
O adestrador vigués chegara o pasado novembro ao cadro do Espiñedo en sustitución de Jesús Arribas
Os do Carballiño están en postos de descenso a sete puntos da salvación
Novo xiro de rumbo no Arenteiro. A temporada non está saíndo como esperaban no conxunto de O Carballiño e na xornada de onte anunciaban a destitución do adestrador Jorge Cuesta. O técnico chegaba o pasado mes de novembro para relevar a Jesús Arribas. As sensacións e os resultados melloraron , chegando a estar moi preto dos postos de salvación, pero as últimas tres xornadas, con tres derrotas, unha na casa ante o poderoso Tenerife, pero sobor de todo, as dúas colleitadas fóra da casa ante rivais directos coma Talavera e Ourense CF, propiciaron a saída do preparador vigués. O club informaba da decisión mediante un comunicado oficial:
"No día de hoxe, o Club Deportivo Arenteiro e Jorge Cuesta finalizan a vinculación profesional que os unía. Dende esta entidade queremos agradecer o seu traballo, implicación, dedicación e profesionalidade durante o tempo no que pertenceu ao noso club. Da mesma maneira, desexámoslle os maiores éxitos persoais e profesionais no seu futuro. O club informará proximamente da chegada do novo adestrador do primeiro equipo"