Manciña do Real Madrid Castela diante dun Rácing oficialmente en crise (0-5)
O filial branco saíu coma un lóstrego, e gañaba 0-4 ao descanso
Fortuny completou o dobrete na segunda metade que pechaba a goleada na Malata
O Rácing acumula tres derrotas consecutivas, e suma cinco xornadas sen gañar
Foto: @racingferrolsad
O Rácing apañou unha malleira na Malata diante do Real Madrid Castela, que está a chegar ao treito decisivo da competición no seu mellor momento da temporada, todo o contrario ca un cadro departamental que acumula tres derrotas consecutivas, e cinco xornadas sen gañar.
O partido rachou desde o inicio. O filial amosou unha pegada temible, e foi ampliando a súa vantaxe de xeito implacable, despois do primeiro gol de Alexis aos 18 minutos. Jacobo fixo o segundo aos 26 e, pouco despois da media hora, Palacios colocaba o 0-3.
Aínda antes do descanso chegaba un novo castigo nunha Malata na que os máis de 4.000 siareiros presentes non o podían crer. Fortuny facía o 0-4 que deixaba o encontro sentenciado, e convertía a segunda parte nun trámite.
Aínda ía chegar un último gol. FOi tamén de Fortuny, no 69', para pechar unha manciña que deixa ao ferroláns 13ª posición, aínda máis preto do play off de ascenso (a 5 puntos), que dos postos de perigo (a 7), Iso sí, o resto de partidos da xornada, poderían invertir eses números.