Hat trick de Alain Ribeiro para devolver ao Pontevedra á zona de play off
O equipo granate derrotou á Ponferradina grazas ao acerto do seu máximo goleador
Foto: @PontevedraCFSAD
O Pontevedra recupera o posto de play off tras superar en Pasarón, outro dos equipos que aspiran a eses postos altos. E foi grazas a un recital de Alain Ribeiro. El marcou os tres goles do seu equipo, o primeiro no 15 tras un saque dende o curruncho. O segundo de penalti, logo da revisión solicitada por Rubén Domínguez o colexiado sinalou a pena máxima por man de Ger Novoa. E dende os once metros non fallou o viscaiño.
A Ponferradina recortou distancias na segunda metade cun gran lanzamento de falta de Andoni López. Minuto 61. E no 71, o terceiro. Centro de Diego Gómez, non remata Eimil pero aparece Alain Ribeiro para controlar e marcar co exterior.
O Pontevedra quería máis e a piques estivo Compa de facer o cuarto, errou o man a man. Con este triunfo, os granates son quintos con 49 puntos.