O Celta Fortuna malla no Arenas (0-5) e aferra a segunda praza
Manciña do filial, que responde ao bo momento do Castela e mantén oito puntos de renda cos madrileños
O Fortuna aínda ten opcións matemáticas de darlle alcance ao Tenerife
Foto: @CanteiraCeleste
O municipal de Fadura foi o escenario dun marcador de época. O Celta Fortuna acadou a súa maior goleada da temporada e fíxoo no campo dun Arenas de Getxo que vive noutra zona da táboa, pero que viña de tres vitorias seguidas e seis partidos sen perder.
A resistencia getxotarra cedeu axiña ante a definición perfecta de Jan Oliveras e Hugo Gonzalez. Foi unha tarde feliz para os dous protagonistas do primeiro gol.
Todo o contrario que para Sergio Aragoneses. O porteiro local, cedido polo Tenerife e fillo do gardameta porriñés, recibiu o segundo gol tras cometer un penalti. Mediu mal na saída ante Somuah, e concedeulle a Hugo Alvarez a posibilidade, que aproveitou, de marcar o segundo para os vigueses. Suma xa 13 esta temporada.
O Fortuna era superior, pero aínda gozou de mais facilidades trala expulsion de Alex Hidalgo por dobre amarelo. Así que o segundo tempo prometía ser un paseo celeste.
Trocaron os papeis do primeiro gol para marcar o terceiro. Jan Oliveras recibiu de Hugo Gonzalez e definiu ben ante o porteiro. Estreábae así como goleador o lateral de Manresa.
Pouco despois tocoulle a cara amarga do futbol ao cometer penalti por man na área. Fredi Alvarez pediu a revisión da xogada por falta anterior. Pero o arbitro non mudou o criterio. Deu igual. Porque o Celta Fortuna tamén acertou baixo paus. E Coke Carrillo detivo o disparo de Collado.
O acerto do porteiro galego non o tivo o meta local. Sergio Aragoneses recibiu o cuarto tras un contragolpe que finaliza Alvaro Marín case sen angulo. O dianteiro acababa de entrar no campo. Era o primeiro balón que recibía e sacou de el o seu oitavo gol da temporada.
A goleada pechouna Óscar, no minuto 74, para deixar ao filial segundo con 57 puntos.