O Real Madrid perde co Xetafe e dá un paso atrás na loita pola Liga (0-1)
Os brancos perden nun mal partido no Santiago Bernabeu e quedan a catro puntos do Fútbol Club Barcelona
O golazo de Martín Satriano decide o partido
Mastantuono por expulsión e Hujsen e Carreras por quinta tarxeta non xogarán o venres en Balaídos
O Real Madrid afondou no seu mal momento de xogo e resultados e volveu caer derrotado, esta vez na casa, ante un Xetafe que dá un paso de xigante na loita pola salvación. Os de Arbeloa non foron quen de superar a trama defensiva formulada polo equipo de Bordalás amosando outra vez o seu problema para construír xogo ante equipos que defenden en bloque baixo.
Na primeira metade Vinicius puido adiantar os seus nun man a man no que o meta azulón Soria sacou un pé espectacular para evitar o tanto dos locais. Pouco despois chegaría o gol do Xetafe. Unha auténtica obra de arte. O uruguaio Martín Satriano conectou unha volea espectacular desde a frontal da área que sorprendeu a Courtois.
Tras o descanso seguiu o mesmo guión do partido. Moita posesión e poucas ideas no equipo branco. Carvajar, tras unha cesión de Rodrygo, dispuxo da mellor ocasións dos seus, pero non chegou a conectar portería co seu remate. Nos últimos minutos as présas xogaron en contra do cadro madrileño que rematou desquiciado ante os apupos da bancada. Mastantuono sería expulsado por insultar o colexiado e Carreras e Hujsen foron amoestados e non estarán no partido do venres en Balaídos ante o Celta.