O Barça entra no Top 8, Real Madrid e Atleti xogarán a eliminatoria clasificatoria e o Athletic eliminado na Champions League
O Barça entra no Top 8, Real Madrid e Atleti xogarán a eliminatoria clasificatoria e o Athletic eliminado na Champions League
Os blaugranas remontaron na segunda metade ante o Copenhague e evitan xogar a rolda extra.
O Real Madrid xogarase a clasificación ante Benfica ou Bodo Glimt e o Atleti ante Brujas ou Galatasarai
@FCBarcelona_es
O Real Madrid era o único equipo español que dependía de si mesmo para entrar entre os oito mellores pero os brancos fracasaron no estadio da Luz Mbappe adiantou os brancos pero o equipo de Mourinho daríalle a volta ó marcador con dous goles de Schjelderup e un de Pavlidis de penalti. De novo Mbappe marcaríao 3-2 tras un bo centro de Rodrygo pero o Benfica quería máis que necesitaba un tanto máis para a súa clasificación e o acadarían cul gol do seu porteiro Trubin. Os brancos xogarán a eliminatoria previa ante o propio Benfica ou o Bodo Glimt.
O Fútbol Club Barcelona refíxose dunha mala primeira metade, onde encaixaría un gol nada máis comezar, e na segunda parte voltearía o marcador grazas os goles de Lewandoski, Lamine , Raphinha, de penalti, e Rashford. Os de Flick son o único equipo español que entran no Top 8.
O Atleti comezou moi ben o seu partido co temperán gol de Sorloth. Pero sorprendentemente os de Simeone concederon en defensa máis do habitual e o equipo noruegués remontaría con goles de Sjovold y Hogh. Os de Simeone xogaranse a clasificación a oitavos ante o Brujas ou o Galatasarai.
En San Mamés o Athletic soñou por momentos con acadar a clasificación. Os goles de Sancet e Guruzeta metían por minutos os bilbaínos no Top 8 pero o Sporting sempre respostou ós goles dos vascos con tantos de Diomande e Coentrao. E cando o Athletic buscaba un terceiro gol que o clasificara, Alysson culminaba unha contra que colocaría o definitivo 2-3.
O Vilarreal marcha da Champions sen coñecer a vitoria nas oito xornadas. Outro mal partido dos de Marcelino, con errores moi graves en defensa, que facilitaron o triunfo dun equipo xermano onde o galego Lucas Vázquez foi titular e deu unha asistencia de gol a Grimaldo.