Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona empata in extremis en Newcastle e a eliminatoria decidirase no Camp Nou (1-1)

O Barcelona empata in extremis en Newcastle e a eliminatoria decidirase no Camp Nou (1-1)

Un gol de Lamine Yamal de penalti, na última xogada do partido, iguala un partido onde os culés foron inferiores aos británicos

Moitos problemas físicos no equipo catalán que rematou esgotado o partido

@FCBarcelona_es @FCBarcelona_es
G24.gal 10/03/2026 21:55

Un gol de Lamine Yamal de penalti ,no último minuto da prolongación do partido , deu vida ao Fútbol Club barcelona en Saint James Park propiciando un empate que o equipo culé pode considerar bo visto o visto sobre o terreo de xogo.

O Newcastle saiu cunha marchá mais que o equipo catalán e cunha presión alta inquedou en varias ocasións a meta de Joan García. A baixa de última hora de Eric García notouse no equipo catalán. Flick rearmou unha zaga con Araujo no lateral dereiro e Cancelo no esquerdo, mantendo no centro a Cubarsí e Gerard Martín. E a inédita defensa sufriu ante as acometidas de Osula e Elanga, especialmente do extremo sueco que foi un pesadelo para Cancelo. Tamén tivo a súas oportunidades o equipo catalán pero Fermín e Lamine Yamal non estiveron atinados cara meta contraria.

Na segunda metade o equipo catalán aínda sufriría máis que na primeira, en parte polos problemas físicos dos seus xogadores. Pedri e Bernal tiveron que ses sustituídos con claros síntomas de esgotamento. E co paso dos minutos o dominio británico foi acrecentándose. Froito desta situación chegaría o gol dos británicos cun remate de Harvey Barnes a centro de James Murphy. Restaban tres minutos para o final e semellaba que o Barcelona aceptaba a derrota pola mínima. Ata que no último minuto do partido Dani Olmo era derribado dentro da área por Thiaw. O colexiado sinalou o claro penalti que Lamine Yamal aproveitaría para colocar o empate a un que deixa a eliminatoria igualada de cara o partido de volta no Camp Nou.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade