O Liceo salva un importante empate diante do Noia (4-4)
Logo de remontar un tanto inicial dos Noia, os cataláns puxéronse 2 a 4 arriba
César e Paiva marcaron a pares para salvar a igualada para o líder
O Liceo logrou un importante empate en Riazor ante o Noia nun partido moi complicado para os de Juan Copa. Os visitantes chegaron á recta final do encontro con dous goles de vantaxe tras marcar David Gelmá o dous a catro a falta de nove minutos. Ata entón marcaran César e Nuno Paiva para os coruñeses, e Salvadó, Costa e Curtiellas para o Noia.
Pero o Liceo logrou reaccionar para salvar un punto. César Carballeira facía o tres a catro e Nuno Paiva, cun golazo a falta de catro minutos, o empate a catro definitivo.
O equipo coruñés segue de líder con cinco puntos de vantaxe sobre o Barça, que empatou ante o Lleida, e seis sobre o Igualada, que xoga esta tarde en Reus.