Cargando resultados...
O Deportivo Abanca recibe mañá ao líder en Riazor (12:00h, G2 e AGalega.gal)
Fran Alonso asume que "é un partido para sufrir"
Millene é a única baixa das coruñesas para o partido
G24.gal
14/03/2026 11:16
Na liga feminina, o Deportivo Abanca recibe mañá domingo o FC Barcelona. Partido que poderán ver ao mediodía a través da nosa segunda canle.
Conscientes da dificultade do duelo, as coruñesas reciben o líder coa mellor mentalidade. Vai ser moi complicado, pero están preparadas para sufrir. Así o recoñeceu Fran Alonso na previa: "Temos que asumir que é un partido no que temos que sufrir. Todo o mundo nos dá por perdedoras, pero so temos unha lesionada, Millene. Todo o equipo está en forma, apertando moitísimo", indicou.