O Lugo cae con contundencia diante do Real Madrid Castela (0-4) no Anxo Carro
O filial anotou dous goles en dous minutos que deixaron o partido moi costa arriba
Na segunda metade, o Castela acabou goleando con outros dous tantos
O Lugo levaba cinco xornadas sen perder e o Castela un só triunfo nos último nove partidos. Os datos non facían presaxiar un desenlace como o vivide no Anxo Carro, onde o filial madridsta pasou por riba dos de Yago iglesias. O Castela xogou cun ritmo moi superior ao dos galegos e tirou proveito de dúas acciòns case seguidas, entre o minuto 29 e o 31. Jacobo Ortega fixo o primeiro e Álex Ciria o segundo cun disparo cruzada perfecto.
Esas accións racharon animicamente ao Lugo, que o resto do partido estivo a velas vir. Xerou oportunidades o Castela e dúas máis acabaron en gol. Marcou Pol Fortuny, nunha acción que tivo que validar a videoarbitraxe.
Unha xogada do lateral Fortea habilita a Jacobo Ortega, que só tivo que empurar. 0-4 e quedaba máis cun cuarto de hora para o final, unha agonía nun día para esquecer, no que o o único aplauso da afección local foi para Diego López. O adestrador de porteiros do Castela recibiu, antes do partido, a homenaxe do club no que se formou.