Publicador de contidos

Publicador de contidos

Valverde lidera a goleada do Real Madrid ante o City (3-0)

Valverde lidera a goleada do Real Madrid ante o City (3-0)

Hat trick do centrocampista uruguaio na primeira metade para decantar a balanza en favor dos brancos

Vinicus errou un penalti co 3-0 a favor

O próximo martes o desenlace no Etihad Stadium

@realmadrid @realmadrid
G24.gal 11/03/2026 22:14

O Real Madrid amosou a súa cara das grandes noites europeas e derrotou ó Manchester City, 3-0, encarrilando o seu pase aos cuartos de final da competición. Pep Guardiola volveu tropezar ante a mística do equipo branco e colleitou un inesperado resultado ao inicio do partido.

O Real Madrid aproveitou na primeira metade o espazo  que deixaba o Manchester City as súas costas. Fede Valverde, que onte partiu desde o lado dereito, aproveitou unha indecisión de Donnarumma despois dun desprazamento longo de Courtois, para inaugurar o marcador. Poco despois o uruguaio tirou un desmarque diagonal e rematou cruzado coa perna esquerda tras un pase de Vinicius. E antes do descanso realizaría unha maniobra de dianteiro dentro da área para anotar o terceiro tanto. O equipo inglés chegaba o descanso tocado e superado ante a pegada dos brancos.

Na segunda metade os de Guardiola buscaban o tanto que o metera na eliminatoria e o Real Madrid buscaba as contras para pechar o partido. Vinicius puido acadar o cuarto pero errou un penalti que el mesmo provocara. Pasaban os minutos e as présas eran malas compañeiras para os citizens que non eran quen de batir a Courtois. Remataba o partido e o equipo inglés necesitará dunha remonta case histórica para poder eliminar ao quince veces campión de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade