O Atlético resiste o asedio e estará nas semifinais da Champions League (1-2)
Os culés rozaron a remonta e quedaron as portas de forzar a prórroga
O gol de Lookman mete o equipo de Simeone nas semifinais onde non estaban desde o ano 2017
Arsenal ou Sporting de Portugal será o rival dos colchoneiros
O Atlético de Madrid estará nas semifinais da Champions League tras facer un exercicio de resistencia no Metropolitano e eliminar ao Fútbol Club Barcelona. Os de Simeone caeron por un tanto a dous e acceden ás semifinais onde non chegaban desde a temporada 2016-17
Os cataláns saíron desde o inicio convencidos das súas posibilidades. E aos tres minutos Lamine Yamal adiantaba ó seu equipo finalizando un man a man con Musso tras unha boa asistencia de Ferrán Torres. Os colchoneiros quedaron tocados tras o tanto e os de Flick acadarían o segundo tras unha boa finalización do propio Ferrán. En vinta e tres minutos o Barça igualaba a eliminatoria. E a piques estivo de acadar o terceiro cunha caholada de Fermín que abortou Musso. Na xogada quedou mancado o xogador blaugrana e o parón favoreceu ó equipo local que volvería a coller a iniciativa na eliminatoria tras unha combinacion entre Llorente e Griezmann que finalizaba Lookman.
Na segunda metade o Barcelona intensificou o seu dominio. E bicaron a remonta tras un gol de Ferrán Torres que negou o VAR por fóra de xogo. Pasaban os minutos e as présas comezaban a acuciar. Aeliminatoria compricaríase aínda máis para os culés tras a expulsión de Eric García por derribar a Sorloth cando era o último home. Os de Hansi Flick tentárono ata o final pero sen o acerto necesario para forzar o tempo extra.