A UEFA, os clubs europeos e o Real Madrid anuncian un acordo que acaba coa Superliga
Din facelo "polo benestar do fútbol de clubs europeo, respectando o principio do mérito deportivo"
A UEFA, os Clubs Europeos (EFC) e o Real Madrid alcanzaron un acordo polo ben do fútbol, cuxos principios servirán para resolver as disputas legais relacionadas coa Superliga, segundo anunciou a UEFA este mércores.
"Tras meses de conversacións levadas a cabo no mellor interese do fútbol europeo, a UEFA, os Clubs de Fútbol Europeos (EFC) e o Real Madrid anuncian un acordo de principios polo benestar do fútbol de clubs europeo, respectando o principio do mérito deportivo con énfase na sustentabilidade dos clubs a longo prazo e a mellora da experiencia dos afeccionados mediante o uso da tecnoloxía", indicou nun comunicado
UEFA, European Football Clubs and Real Madrid CF reach agreement for the good of European club football.
— UEFA (@UEFA) February 11, 2026
🔗 Read more here: https://t.co/Wz5nfMELrr pic.twitter.com/BR9ZruknBT