Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinicius pon en vantaxe o Real Madrid ante o Benfica (0-1)

Vinicius pon en vantaxe o Real Madrid ante o Benfica (0-1)

O partido estivo detido na segunda metade ao activar o árbitro o protocolo antiracismo tras unha acusación de presunto insulto racista de Prestianni sobre Vinicius según o brasileiro do Real Madrid

O desenlace o próximo mércores no Santiago Bernabeu sen a presenza de Jose Mourinho no banco ó ser expulsado por protestar nos minutos finais do partido

@realmadrid @realmadrid
G24.gal 17/02/2026 21:46

O Real Madrid colleu vantaxe na súa eliminatoria de play off de acceso ós oitavos de final da Champions League tras derrotar en Lisboa o Benfica (0–1) nun partido marcado polo golazo de Vinicius protagonista tamén por pedir ó colexiado que activara o protocolo anti racismo tras recibir presuntamente insultos racistas por parte do xogador do Benfica Prestianni.

O inicio de partido foi igualado e con dominio alterno. A mellor ocasión para os benfiquistas chegaría tras un duro disparo de Aursnes ao que respondeu Courtois cunha man espectacular evitando o tanto local. Pero co paso dos minutos foi gañando presenza en campo contrario o equipo branco que rematou esta primeira metade envorcado sobre a area lusa. Nin Vinicius, nin Mbappe nin Arda Guler atinaron coa portería en tres claras ocasións do equipo de Arbeloa que se foi ó vestiario merecendo un mellor resultado. 

No inicio da segunda metade chegaría o primeiro gol do partido tras unha marabillosa acción individual de Vinicius que finalizou cun remate á escuadra da portería de Trubin. E despois do gol chegaría a lea. Tras a celebración do brasileiro houbo un intercambio de palabras entre o dianteiro branco e os xogadores do Benfica. Vinicius alertou ao colexiado Letexier dun presunto insulto racista de Prestianni cara a el: “Mono”. Non pode haber lectura de beizos, pois se tapou a boca coa camiseta. O partido detívose durante uns minutos. O parón fixo que o partido perdera moito ritmo e soamente cos trocos dos lisboetas activouse un pouco o choque. Unha protesta de Jose Mourinho remataría coa expulsión do adestrador luso coma a acción máis significativa do treito final do partido. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade