O Barcelona dáse un festín e humilla cun 7-2 a un Newcastle moi feble en defensa
O Barcelona entra pola porta grande nos cuartos de final cun resultado global de 8-3
As malas novas para os culés foron as lesións de Eric García e do porteiro Joan García
Foto EFE
O FC Barcelona deu no Spotify Camp Nou a continuidade ao empate da ida fronte a un Newcastle United intenso, nun duelo marcado polo ritmo alto, a esixencia física e o gran número de goles. O conxunto azulgrana tratou de impor o seu estilo a través da posesión, mentres os ingleses mantiveron a súa proposta directa e vertical, fiel ao visto no primeiro partido.
O encontro estivo condicionado polos detalles e os erros defensivos nas áreas, cun Barça decidido a facer valer o factor campo e un Newcastle sempre perigoso nas transicións. A primeira metade foi moi tola, con cinco goles e a lesión de Eric García.
O conxunto catalán adiantouse en tres ocasións por mediación de Raphinha (1-0, min.6), Marc Bernal (2-1, min.18) e Lamin Yamal, de penalti no engadido (min.52+). Anthony Elanga, no minuto 15 e no 28, marcou os dous goles do equipo inglés.
Comezou a segunda parte sen trocos. O Barça sentenciou moi cedo, aos seis minutos do reinicio fixo o 4-2. Fermín non perdonou no man a man ante Ramsdale, aproveitando un gran pase de Raphinha (4-2, min 51). E catro minutos máis tarde Robert Lewandowski fixo de cabeza o 5-2. Aínda faría outro máis o polaco. En nove minutos resolvían os de Flick. Lewandowski aproveitou un gran pase de Yamin Lamal para asinar o 6-2.
O Barça tiña fame de goles e no minuto 71 Rafinha aproveitou outro erro da defensa inglesa para facer o sétimo gol que era o segundo na súa conta particular.
As malas novas para o Barcelona chegaron en forma de lesión. Na primeira parte lesionouse Eric García e na segunda mancouse tamén o porteiro Joan García.
O Barça entra pola parte grande a cuartos de final e xogará ante o vencedor da eliminatoria entre o Tottenham e o Atlético de Madrid.