Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abril comeza con forza para o Celta con doce días de máxima ilusión

Abril comeza con forza para o Celta con doce días de máxima ilusión

Na Liga enfróntase ao Valencia e o Oviedo e os dous vindeiros xoves tocará afrontar os cuartos de final da Europa League diante do Friburgo

G24.gal 03/04/2026 13:00

O descanso dos partidos internacionais serviu para coller forza no Celta. Os primeiros quince días do mes de abril volven a ser de máxima esixencia. Aparece a eliminatoria de cuartos de final da Europa League nos vindeiros dous xoves que se mesturará con citas ligueiras nas que pretende o equipo do renovado Claudio asentar a sexta posición e asexar a quinta que ocupa o Betis. 

Serán doce días de máxima intensidade que comezarán coa viaxe a Valencia para xogar diante dun equipo que se atopa nun gran momento de forma. O segundo desprazamento consecutivo chegará coa ida do compromiso europeo diante do Friburgo. En Alemaña o Celta intentará encamiñar a clasificación para as semifinais da Europa League. 

A esixencia non queda aí porque case sen tempo de recuperación terán que preparar o partido de Liga contra o Oviedo e resolver o dobre partido co Friburgo en Balaídos. A seguinte fin de semana permitirá coller outro pequeno respiro ao parar a competición pola disputa da final da Copa do Rei. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade