Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta prepárase para un maratón de sete partidos en tres semanas

O Celta prepárase para un maratón de sete partidos en tres semanas

Xogará na Liga ante a Real Sociedade, Osasuna, Levante e Barcelona. En Europa League mediranse con Niza e Dinamo de Zagreb e afrontarán o debut copeiro ante o Porto de Vega

Foto Celta
G24.gal 14/10/2025 13:37 Última actualización 14/10/2025 13:56

Co partido ante a Real Sociedade, o Celta comeza un maratón de sete partidos en tres semanas e nos que se enfrontarán, na Liga, a Real Sociedade, Osasuna, Levante e Barcelona. En Europa League mediranse co Niza e Dinamo de Zagreb e afrontarán o debut copeiro ante o Porto de Vega.

Os celestes regresaron este martes os adestramentos sen os internacionais. Este domingo terán en fronte unha Real Sociedade aínda en peor situación que os célticos, ao sumar un punto menos. Un rival ao que a pasada tempada venceron os célticos nos dous partidos nos que se enfrontaron.

En Balaídos por 2-0, un partido no que Pablo Durán fixo os dous goles, e en San Sebastián por 0-1 con tanto do agora sevillista, Alfon. En principio, e pendente da volta dos internacionais, Ristic é o único futbolista céltico que figura no parte médico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade