Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor Senra quere afianzar o seu liderado no Rally de Ferrol

Víctor Senra quere afianzar o seu liderado no Rally de Ferrol

Jorge Cagiao entra entre os favoritos tras aparcar o Alpine para coller o Skoda de Javier Pardo

G24.gal 22/08/2025 16:01 Última actualización 22/08/2025 16:05

Está en marcha o Rally de Ferrol con 55 anos de historia. É a sétima proba do campionato galego. A cita promete emoción desde o primeiro dos tramos. O Shakedown celebrouse en Esmelle este mediodía, co flamante Hyundai WRC de Víctor Senra, gañador da proba nas tres últimas edicións pero que non se pode permitir descoidos.

Atención o piloto naronés Jorge Cagiao, que aparca o Alpine para coller o Skoda de Recalvi que pilota Javier Pardo, un coche de primeira fila. Pola súa banda, Alberto Meira intentará subir ao podio. Tamén Dani Berdomás dará a batalla nun rally que terá a cerimonia de saída esta tarde en Esteiro. Mañá ás 8:53 estará o primeiro coche en acción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade