Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un menor como presunto autor de varios incendios en Santiago

Detido un menor como presunto autor de varios incendios en Santiago

A zona afectada polos 7 incendios detectados foi de 1,36 hectáreas de extensión

Foto de arquivo/Eduardo Parra/Europa Press Foto de arquivo/Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 19/08/2025 11:11

A Policía Nacional detivo un menor de idade acusado de ser autor de sete incendios iniciados no mes de agosto en barrios de Vidán e A Rocha de Santiago de Compostela.

A detención foi froito das actuacións levadas a cabo en colaboración coa Policía Local de Santiago entre os días 7 e 17 de agosto, cando se detectaron varios incendios nos barrios de Santiago.

O mozo foi detido como presunto autor dos delitos de incendio investigados, fóronlle intervidos dous chisqueiros e pasou á disposición da Fiscalía de Menores da Coruña, quen ordenou o seu ingreso nun centro de internamento de menores.

A zona afectada polos sete incendios detectados e nos que participou o servizo forestal de extinción de incendios e os bombeiros foi de 1,36 hectáreas aproximadamente de extensión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade